Ajora mirmo estase a inaujurar onlain a prensa máis, máis, máis... bueno, a prensa (e non me refiero á do viño casoalmente). Tamos falando dun piriódico que leva tres anos no mercao con tres edicións ó lombo (por eso se chama O Anal, o diario que sale unha ves ó ano) e que, por esto das modernidades, pasa a editarse onlain, pa que todo Cristo barra Crista o poida ver na súa ordeñadora ou mirmo no seu teléfano. Está patrocinado, lojicamente non podía ser outro por Manolo do Atlético (o tipo da afoto). O personal ó carjo do mirmo espera que vor juste unha chea e terá a delicadeza de irvos señalando as entradas no Caralibro (facebú, pos que non son moito de americano). Ensejida a continuación, y, o a continuamiento vor dejo con el listado de dicho personal encarjado de su puesta en el mercado:
Consejero delejado: Manolo do Atlético
Consejero jordo: Manolo do Atlético
Diretor: Manolo do Atlético
Diretora: Manolo do Atlético
Administración y, o administramiento: Manolo do Atlético
Auliliar de clínica: Manolo do Atlético
Telefonisto: Manolo do Atlético
Redación: Manolo do Altlético (aquí, con esperencia, que na escuela, en cuarto levei un premio por unha redación sobre "Un día na vida das landras que se quedan sin funda").
Escribición: Manolo do Atlético
A medida que vaiamos incorporando personal, irase dando notificación y, o notificamiento.
Derde A Estrada, Manolo do Atlético al aparato e hasta sijiente noticia, dior mío!
Derde A Estrada, Manolo do Atlético al aparato e hasta sijiente noticia, dior mío!
No hay comentarios:
Publicar un comentario